Balonmán
Benvid@s á miña páxina web!


    Aquí poderedes encontrar información relacionada co balonmán, o meu deporte favorito.




                                                                                                                          
                                              













Ante todo, gustaríame comezar esta páxina web sen que ninguén tivese dúbidas relacionadas co balonmán e os seus aspectos básicos.

POR ISO

Recoméndolles aos máis inexpertos ou desorientados que lle boten un vistazo ao magnífico Prezi situado á miña esquerda. Trátase dunha pequena introdución ao balonmán que, ademais, busca fomentar o seu uso.







ABF

A División de Honor de balonmán femenino é a competición para clubes femeninos máis importante da Liga Española de balonmán femenino. Actualmente, coñécese como ABF.


         

Esta é a páxina oficial da Asociación de Clubes de Balonmán Femenino. Nela poderedes ver as noticias, os resultados, as clasificacións... Sen dúbida, todo o necesario para seguir de cerca a evolución da Liga ao longo da tempada!

ABF   <---- CLICA AQUÍ!



Non obstante, a ABF é unha das ligas menos valoradas e con menos prestixio a nivel europeo. De feito, a última e única vez que un equipo español (Mar Valencia), da Liga ABF, gañou a EHF Champions League, foi na temporada 96-97. Por iso, a gran maioría das xogadoras da Selección Española e en xeral, aquelas que destacan no seu posto, fichan por equipos doutras ligas europeas onde este deporte é especialmente popular debido ao seu valor histórico e prestixio social. Ademais, as xogadoras reciben salarios moito máis altos e por iso, optan por marchar a países onde se potencie a respectiva Liga de balonmán femenino.


                      
                      
                                                                                                             







EQUIPOS EUROPEOS


Actualmente, o campión da EHF Champions League é o Buducnost Podgorica (Montenegro). O subcampión é o Larvik HK (Noruega). Ademais, o primeiro semifinalista é o ZRK Vardar (Macedonia). O segundo semifinalista é o Dinamo Volgograd (Rusia).

Queredes saber cales foron os equipos gañadores ao longo da historia da Champions League? Aquí déixovos un enlace onde poderedes ver cales son ou foron os equipos máis fortes ao longo da historia do balonmán feminino.

EHF Champions League <------ CLICA AQUÍ





SELECCIÓN ESPAÑOLA DE BALONMÁN


Recentemente, a selección española de balonmán quedou como subcampiona do Campionato de Europa de 2014. Os seus maiores logros foron os Subcampionatos de Europa en Macedonia 2008 e o devandito de Croacia-Hungría 2014, a medalla de bronce no Mundial 2011 celebrado en Brasil e a histórica medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de Londres 2012.


Se desexas ver o historial da Selección Española... CLICA AQUÍ   


HISTORIAL  DA SELECCIÓN ESPAÑOLA



Para saber qué xogadoras están na última convocatoria da selección...

Convocatoria Selección Española <--- CLICA AQUÍ

(Ademais, poderás ver o equipo no que xogan, a data de nacemento, a estatura, o peso, o posto... de cada unha delas)









FINAL DO CAMPIONATO DE EUROPA DE HUNGRÍA E CROACIA


Agora, deixarei na páxina web un vídeo cos mellores momentos do Campionato de Europa e un link con información sobre a final deste, que se disputou o pasado 21 de decembro de 2014. Na final, España perde contra Noruega 28-25. As nórdicas, unha selección de lenda que estivo en todos os podios continentais (menos no de Rumanía 2000) conseguen o sexto campionato europeo do seu palmarés, depois de darlle a volta na segunda parte a un partido que no descanso dominaba España (10-12).

CLICA AQUI----->Final Campeonato de Europa









CUESTIONARIO

Para rematar, podedes realizar un  pequeno cuestionario relacionado coa páxina web. As respostas enviaranse ao meu correo.